miércoles, 8 de febrero de 2017

O CAMIÑO PORTUGUÉS DO NORTE POR TOMIÑO

Esta variante do Camiño Portugués recibe o nome de Camiño Portugués do Norte, pois parte do trazado por terras portuguesas era utilizado polos romeiros de Nossa Senhora do Norte.

O trazado por Tomiño amosa unha grande riqueza histórica, literaria, social,  ambiental, lingüística... Discorre por fortes do s. XVII, igrexas románicas do S. XII, almiñas, cruceiros dos séculos XVI e XVII, pontes medievais, petróglifos de hai 5000 anos, plantacións de viveiros ao aire libre con todo tipo de especies arbóreas, planta  ornamental e poboacións que polos seus topónimos acaban dándolle significado ao itinerario.

Este é o percorrido polo concello. Están sinalados algúns dos puntos máis importantes. Clica na icona da esquina superior esquerda do mapa para ver os nomes.


 

ACTIVIDADES DO CAMIÑO


Un dos principais valores artísticos do Camiño por Tomiño, son as igrexas románicas polas que transita. No seguinte enlace tendes unha serie de actividades para coñecer mellor este tramo do Camiño Portugués do Norte.

O ROMÁNICO EN TOMIÑO 

 

No remate do camiño en Tomiño, xa na entrada ao concello de Gondomar, atópanse os petróglifos do Monte Tetón. A continuación tes unhas actividades para coñecer mellor este arte prehistórico.